Menu

Solucións para a xestión
da documentación e a información

SERVIZOS

CONSULTARÍA

Consultaría especializada en xestión documental, da información e de contidos:

  • Análise, diagnóstico e implantación de solucións
  • Planificación e estratexia en xestión documental e records management
  • E-administración
  • Arquivo papel e electrónico
  • Aplicación e adaptación a normativa
  • Procesos de dixitalización
  • Automatización de procesos
  • Contratación de servizos de xestión documental e de software
  • Simplificación de procedementos
  • Tramitación de axudas e subvencións

ELABORACIÓN DE INSTRUMENTOS

Elaboración das ferramentas necesarias para unha xestión documental eficiente:

  • Esquemas e perfís de aplicación de metadatos
  • Análises documentais
  • Cadros de clasificación
  • Bases de datos
  • Táboas de valoración de series documentais e calendarios de expurgo e transferencia
  • Catálogos de tipos documentais
  • Modelo de xestión documental
  • Normativa, procedementos, indicacións e instrucións
  • Estadísticas
  • Proxectos técnicos e pregos de contratación

ARQUIVO

Tratamento de documentación:

  • Creación e xestión do arquivo papel e electrónico
  • Identificación e valoración de series documentais
  • Inventario e medición. Ordenación, clasificación, descrición e instalación de documentos
  • Transferencias documentais
  • Dixitalización de documentos

FORMACIÓN

Poñemos en valor os nosos coñecementos::

  • Ensinamos todo o que aprendemos durante os nosos anos de formación e a través de todas as nosas experiencias
  • Organización de cursos, xornadas, seminarios e conferencias
  • Formación para o persoal administrativo e profesional da documentación e a información
COÑÉCENOS

Sobre nós

Metadata Gestión Documental S.R.L. nace en Santiago de Compostela no ano 2013. Constitúese como empresa para poñer en valor a experiencia acumulada durante anos por profesionais da documentación e a información resolvendo os problemas da xestión documental no pasado e acompañar aos nosos clientes nos novos camiños que o desenvolvemento da tecnoloxía ofrece para a xestión documental nun horizonte de plena dixitalización.

Casos de Éxito

Casos de Éxito

En MD acumulamos valiosas experiencias en proxectos realizados con outras empresas. A partir da nosa constitución como sociedade, temos prestado satisfactoriamente para diversas Administracións Públicas (Administración Autonómica, Local, de Xustiza e outros entes públicos) e o sector privado servizos de: asesoría especializada en arquivística, administración electrónica, software de xestión e proxectos de dixitalización; organización de arquivos; transferencias documentais; elaboración dos instrumentos de descrición e planificación; formación de persoal; identificación e valoración de series documentais.
Para coñecer máis sobre as nosas experiencias, proxectos executados, clientes e casos de éxito pode contactar connosco.

Estamos á súa disposición

Contactar

Pode contactar connosco para solicitar calquera tipo de información ou orzamento.

(+34) 981 588 249 (+34) 630 829 135 md@metadata.gal

Formulario de Contacto